Geografía y Geología del Macizo Galaico-Leonés y sus Sistemas Montañosos

Macizo Galaico-Leonés

Fórmase na era Primaria [Paleozoica] e dentro desta, provocado pola oroxenia Herciniana. Na zona occidental predominan os granitos e os gneis; mentres que na parte oriental, abondan as lousas e as cuarcitas. Estes materiais duros paleozoicos fracturáronse na oroxenia alpina [era Terciaria]. No Cuaternario, o glaciarismo afectoulle á Serra de Segundeira. Toda esta área sufriu e aínda continúa a sufrir unha grande erosión, polo que dá lugar a un modelado de formas suaves e redondeadas. A inclinación da Meseta cara o Oeste [durante o Terciario], provocou a formación das Rías galegas [ao se anegar o tramo final do curso baixo dos ríos que as conforman], así como o recurtamento notable da costa de toda esta área. Os ríos máis importantes que atravesan a liña marcada son o Eume, o Miño e o seu afluente, o Sil.

Submeseta Norte

Na súa maior parte, engloba a Conca do Duero, feito que provoca que tamén se coñeza por este nome. Ocupa a parte inferior do que nunha estrutura de relevo xermánica, denominariamos “Graben”. A súa orixe está cando se forma o zócolo meseteño, durante a oroxenia herciniana, co seu posterior basculamento cara o oeste. Predominan os materiais graníticos e lousas propios da era Primaria e da oroxenia herciniana, sobre a que se depositaron sedimentos calcarios Mesozoicos. Con posterioridade depositáronse tamén materiais arxilosos e detríticos. Ó longo desta conca, obsérvase claramente a xerarquización da rede fluvial nesta área, que, ó igual que no resto da península, produciuse no Cuaternario. Así mesmo, son estes ríos os encargados de que se manteña unha forte erosión e sedimentación; sedimentación que se observa claramente na parte a carón dos ríos. Os afluentes do Duero que atravesan a liña do mapa son o Tera, o Esla, o Valderaduey e o Adaja.

Sistema Central

Este sistema montañoso separa a Submeseta Norte da Submeseta Sur. Ocupa a parte superior (en resalte) do que nunha estrutura de relevo xermánica, denominariamos “Horst”. Orixinouse durante a oroxenia herciniana [Carbonífero], na que se formaron os materiais paleozoicos [granitos, gneis, micacitas, calcarias cristaliñas, … etc.]. Todos estes materiais serían rexuvenecidos máis tarde, debido á actividade da oroxenia alpina [Terciario], na que se orixinaron os bloques de fractura característicos de estruturas compactas e antigas: Horst, ou bloques en resalte (tamén serían un deles, os Montes de Toledo); e Graben, bloques afundidos (ademais da depresión do Duero; teriamos as áreas por onde discurren os ríos Tajo e Guadiana).

Submeseta Sur

Inclúe as concas do Tajo e do Guadiana. A liña que reflicte o mapa, atravesa o Tajo e o seu afluente, o Alberche; e o Guadiana cos seus afluentes, Cigüela e Záncara. A aparente continuidade topográfica da Submeseta Sur vese rachada polos Montes de Toledo, montes que constitúen a divisoria natural das augas das concas do Tajo e do Guadiana. A orixe e os materiais de que se compón esta Submeseta son semellantes ós da Submeseta Norte, e do mesmo xeito, fanse constatables os materiais que proceden de sedimentos depositados nos longos períodos nos que estas áreas estiveron anegadas polas augas durante as transgresións mariñas da era Secundaria [sobre todo a Cenomanense].

Sistemas Béticos

Son o resultado da aproximación das Placas Africana [Gondwana] e a parte SO. da Placa Euroasiática -Placa Ibérica- [Laurasia], coa conseguinte redución do mar de Thetis. Este sistema prolóngase por debaixo do mar ata as Illas Baleares [agás a Illa de Menorca]. Confórmanse debido á oroxenia que provocou o pregamento alpino, e son extremadamente complexos desde o punto de vista xeolóxico e morfolóxico. Os materiais que os conforman -na súa maior parte- proceden da era Secundaria e da primeira metade da Terciaria, destacando sobre todo, calcarias e margas. No afundimento da “rexión” do Guadalquivir, que provocou o levantamento das Béticas, tiveron gran importancia ademais dos movementos de carácter horizontal [aproximación das placas], os movementos verticais ou isostásicos, que provocaron a aparición nalgunhas zonas de Serra Nevada, de materiais moi antigos, duros e compactos, do Paleozoico. Para rematar, a liña que seguimos atravesa a conca do río Segura e os seus afluentes, o río Mundo e o río Sangonera. Preto xa da desembocadura do río principal no Mediterráneo, atopámonos con depósitos de tipo aluvial.

Aridez

É a insuficiencia de auga no solo e na atmosfera. A aridez depende da relación que hai entre precipitación e temperatura. Así, é maior canto menor é o volume de precipitación e canto máis alta é a temperatura.

Definicións Clave

  • Horst y graben: Alargados bloques de la corteza terrestre que han sido elevados y hundidos, respectivamente, en relación con sus alrededores como un efecto directo de fallas.
  • La gota fría: Un fenómeno xeolóxico que nace de las corrientes en chorro que pueden moverse a lo largo de miles de kilómetros y presentar una anchura de varios cientos de kilómetros.
  • El jet stream: Una corriente de aire en altura que discurre a lo largo de varios miles de kilómetros en las capas altas de la atmósfera.
  • Avesedo: Que non recibe, ou que recibe pouco a luz do sol.
  • Orexenese alpina: Una etapa de formación de montañas que se produjo durante el Cenozoico.
  • Barlovento: Parte de donde viene el viento con respecto a un punto o lugar determinado.
  • Isóbara: Línea que une los puntos de lugares de la superficie terrestre que tienen la misma media de presión atmosférica.
  • Isohieta: Una isolínea que une los puntos en un plano cartográfico que presentan la misma precipitación en la unidad de tiempo considerada.
  • Aluvión: Sedimentos arrastrados por una corriente de agua, que quedan depositados en un terreno.
  • Zócolo: Masa relativamente rígida de rocas magmáticas y metamórficas que en la corteza continental yace debajo de la cobertera sedimentaria.
  • Tómbolo: Un accidente geográfico sedimentario que forma una estrecha lengua de tierra entre una isla o una gran roca alejada de la costa y tierra firme.
  • Foz: Profundos cortes originados por el curso de un río.
  • Meseta: Altiplanicie extensa que se eleva significativamente por encima del área circundante.
  • Ría: Accidente geomorfológico que designa una de las formas que puede tomar el valle fluvial en torno a la desembocadura de un río.
  • Cunca sedimentaria: Zona deprimida de la corteza terrestre de origen tectónico donde se acumulan sedimentos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *