Xeoloxía Estrutural e Cronoloxía: Procesos Internos e Deformación da Terra

Procesos Xeolóxicos Internos

  • Son aqueles que teñen a súa orixe na calor interna da Terra.
  • Os procesos xeolóxicos externos están xerados pola enerxía solar e a gravidade.
  • Os procesos xeolóxicos internos de maior rapidez son:
    • Vulcanismo
    • Sismicidade
  • Outros prodúcense a un ritmo máis lento:
    • División continental (apertura dun océano)
    • Oroxénese (formación de cordilleiras)
    • Formación de dobras e fallas.

A Deformación das Rochas

  • As rochas están sometidas a dous tipos de presión:
    • Presión litostática: debido ao peso dos materiais que teñen enriba.
    • Esforzo: debido ao movemento das placas. Poden ser de tensión, de compresión ou de cizalla.

Curva Esforzo-Deformación

  • Rexión elástica: os materiais recuperan a súa forma unha vez cesado o esforzo.
  • Rexión plástica: os materiais xa non recuperan a forma orixinal unha vez cesado o esforzo.
  • Límite de elasticidade: valor de esforzo a partir do que se produce deformación plástica.
  • Límite de rotura: valor do esforzo a partir da cal o material rompe.

Estes límites varían dependendo do tipo de rocha e das condicións.

Conceptos Cartográficos Fundamentais

  • Curvas de nivel: son liñas nun mapa que unen puntos que conteñen a mesma altitude sobre o nivel do mar, mostrando a topografía do terreo.
  • Equidistancia: mesma distancia entre varios puntos.
  • Escala: é a relación entre o tamaño dun obxecto nun mapa e o seu tamaño real.
  • Orientación: capacidade de saber en que dirección se atopan os lugares.

As Dobras ou Pregas

  • Son deformacións plásticas orixinadas por esforzos de compresión.

Tipos Principais de Dobras

  • Anticlinal: no núcleo están os materiais máis antigos (forma de A).
  • Sinclinal: no núcleo están os materiais máis novos (forma de U).

Outros Criterios de Clasificación das Dobras

  • Segundo a posición do plano axial:
    • Recta: vertical.
    • Inclinada: ángulo coa vertical 10-85°.
    • Tombada: ángulo coa vertical menor a 10°.
  • Segundo a simetría:
    • Simétrico: flancos con inclinacións similares.
    • Asimétrico: flancos con inclinacións diferentes.

Partes dunha Dobra

  • Eixes da dobra: intersección do plano axial coa charneira.
  • Charneira: zona da dobra que ten a máxima curvatura.
  • Flancos: laterais da dobra situados a ambos lados da charneira.
  • Núcleo: zona máis interna dunha dobra.
  • Plano axial: superficie que divide a dobra en dúas partes simétricas.

As Fracturas

  • As fracturas son deformacións producidas cando se supera o límite de rotura.
  • Existen dous tipos:
    • Diáclases: fracturas sen desprazamento.
    • Fallas: fracturas con desprazamento dos bloques.

Elementos dunha Falla

  • Salto de falla: representa a magnitude de desprazamento entre os beizos.
  • Plano de falla: plano da fractura onde se produce o desprazamento.
  • Buzamento do plano da falla: ángulo que forma o plano de falla coa horizontal.
  • Beizos de falla: bloques orixinados pola fractura (beizo levantado e beizo afundido).

Tipos de Fallas

  • Falla normal ou directa: bloque elevado por debaixo do plano de falla (por forzas distensivas).
  • Falla inversa: bloque elevado por riba do plano de falla (por forzas compresivas). Se o bloque elevado se superpón ao afundido prodúcese un cabalgamento, que se ten grandes extensións denomínase manto de corremento.
  • Falla vertical.
  • Falla de desgarre: orixínanse por forzas de cizalladura.

Sistemas de Fallas

  • Os bloques elevados denomínanse horst.
  • Os bloques afundidos denomínanse graben.

Métodos de Datación Xeolóxica

  • A datación é a acción de situar no tempo xeolóxico os materiais rochosos e os sucesos obxecto de estudo.
  • Existen dous tipos de métodos de datación:
    • Métodos de datación relativa: consisten en ordenar as rochas, os fósiles ou os acontecementos segundo a súa antigüidade, sen determinar a idade con cifras.
    • Métodos de datación absoluta: permiten determinar a idade exacta dunha rocha, fósil ou acontecemento, xeralmente en millóns de anos.

Métodos de Datación Relativa (entre estratos)

Aplícanse os principios da estratigrafía (ciencia que estuda a orde de formación dos estratos nunha cunca sedimentaria):

  • Principio de superposición dos estratos: os estratos máis profundos dunha serie tamén serán os máis antigos.
  • Principio de horizontalidade: os estratos deposítanse horizontais. De non atopalos así, indica que sufriron unha deformación posterior ao depósito.
  • Principio de superposición de acontecementos.
  • Principio de continuidade: estratos da mesma idade, formados ao mesmo tempo.

A orde dos estratos adóitase representar nunha columna estratigráfica.

Métodos de Datación Absoluta

  • Permiten calcular a idade dos fósiles, estratos ou acontecementos.
  • Os máis importantes son os métodos radiométricos, que se basean no uso de isótopos radioactivos.
  • Os isótopos son átomos dun mesmo elemento que difiren no número de neutróns. Teñen o mesmo número atómico (Z), pero diferente número másico (A).
  • Algúns isótopos son inestables e tenden a transformarse noutros isótopos doutros elementos máis estables. Son os isótopos radioactivos.
  • Os elementos radioactivos incorpóranse formando parte dalgúns minerais cando se forman as rochas. Desde ese momento ponse en marcha un reloxo xeolóxico.
  • Elemento paiElemento fillo
  • Esta desintegración prodúcese a unha velocidade constante que é característica de cada elemento.
  • Denomínase período de semidesintegración o tempo que tarda unha cantidade calquera de elemento radioactivo en reducirse á metade.
  • Elementos radioactivos máis utilizados:
    • Rubidio-87 / Estroncio-87
    • Potasio-40 / Argon-40
    • Uranio-238 / Chumbo-206
    • Carbono-14 / Nitróxeno-14

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *